Para conmemorar o Día da Muller,aproveitamos o noso obradoiro de Plástica,creando un fermoso ramo de flores ,usando papel de seda de diversas cores e rotuladores Dot.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| UN RAMO ESPECIAL PAR UN DÍA ESPECIAL |
Continuamos co coñecemento do noso corpo e imos aprender por onde circula o sangue,os elementos que a forman e a importancia que ten o corazón.
Sabemos que cada vez que latexa,envía sangue con osíxeno a todas as partes do corpo,mediante uns tubos chamados arterias,mentres que as veas traen o sangue de volta ao corazón,onde se bombea aos pulmóns para recuperar o osíxeno.
Tamén aprendemos os elementos que forman o sangue,así como a súa función.
![]() |
| SON UNHA ARTERIA E SAIO DO CORAZÓN |
![]() |
| LEVO O SANGUE CON OSÍXENO |
![]() |
| SOMOS VEAS E ENTRAMOS NO CORAZÓN |
![]() |
| TRAIO SANGUE DESOXIXENADA |
![]() |
| IMOS ENCHER DÚAS BOTELLAS DE "SANGUE",PARA CONSEGUIR A CANTIDADE QUE TEMOS OS NENOS NO NOSO CORPO (UNS TRES LITROS) |
![]() |
| OS GLÓBULOS BRANCOS |
![]() |
| AS PLAQUETAS |
![]() |
| OS GLÓBULOS VERMELLOS |
![]() |
| SOMOS PLAQUETAS |
![]() |
| IMPIDO QUE PERDAMOS SANGUE CANDO FACEMOS UNHA FERIDA |
![]() |
| SON UN GLÓBULO VERMELLO E LEVO OSÍXENO A TODO O CORPO |
![]() |
| SON UN GLÓBULO BRANCO E PROTEXO O CORPO. FORA MICROBIOS! O corazón é como un motor.Así que temos que coidalo moi ben. |
Axudándonos de material de refugallo ,practicamos a percusión silábica co fin de desenvolver a lectoescritura e a conciencia fonolóxica.
Comezamos cos nosos nomes e continuamos con ilustracións de diversos animais.
![]() |
| E O MEU TAMÉN! |
![]() |
| DÚAS SÍLABAS TEN O MEU NOME |
![]() |
| O MEU TEN TRES |
![]() |
| O MEU TEN UNHA |
![]() |
| O MESMO QUE O MEU! |
![]() |
| IMPROVISANDO "BAQUETAS" |
![]() |
| DÁNDOLLE UN POUCO DE RITMO! |
![]() |
| UN,DOUS,TRES ,CATRO.... |
![]() |
| PREPARADA? |
Cociñar cos nenos é unha actividade moi enriquecedora dende o punto de vista educativo: permite practicar xestos da vida cotiá,favorece a educación sensorial,facilita o descubrimento das matemáticas e das ciencias(contar,sumar,reacción de distintos ingredientes...),enriquece o vocabulario...
Hoxe trasladámonos a Nápoles,cociñando unha rica pizza cos ingredientes elixidos por eles.
![]() |
| PREPARADOS? |
![]() |
| COA NOSA PORCIÓN DE MASA |
![]() |
| ESTIRAMOS A MASA |
![]() |
| VAI TOMANDO FORMA |
![]() |
| ADIANTE E ATRÁS! |
![]() |
| EXTENDEMOS O TOMATE |
![]() |
| TOCA DECORAR |
![]() |
| DECORAR.....NON PROBAR! |
![]() |
| E UNHA VEZ SAÍDA DO FORNO.... IMOS PROBALA! VAIA PINTA MÁIS BOA TEN! |
![]() |
| MOI BOA! |
![]() |
| RIQUÍSIMA! |
Despois de completar o Rosco de Pasapalabra sobre a escritora galega,quixemos saber algo máis sobre a súa vida e obras e fixémolo da man dos Bolechas,co seu libro e o visionado do mesmo.
![]() |
| LUCIMOS A CHAPA DE ROSALÍA POR COMPLETAR DE XEITO CORRECTO O ROSCO DE PASAPALABRA. BRAVO POLAS FAMILIAS E MOITAS GRAZAS! |