miércoles, 28 de enero de 2026

QUE FRRRRRRRRRIO!

 

Vendo o frío que está a facer estes días,decidimos deseñar un gorro con pompón ben bonito,aproveitando a nosa clase de Plástica.

Utilizando papeis de seda,de celofán e de regalo sobre cartulina,presentamos estes modelos propios da época invernal.

AUTORA:NEREA

AUTOR:LOIS 


AUTOR:BRAIS

AUTOR:XURXO

AUTORA:SARA






lunes, 26 de enero de 2026

PARABÉNS,SARA E BRAIS!

 

Hoxe celebramos o aniversario dos nosos compañeiros Brais e Sara.

FOTO DE GRUPO 





EN POSICIÓN DE SOPRIDO...


ADIANTE!



TRES VOLTAS ARREDOR DO SOL
PARABÉNS,SARA!



A SOPRAR BEN FORTE!



E NADA MENOS QUE SEIS VOLTAS
ARREDOR DO SOL!
PARABÉNS,BRAIS!





TOCA PROBAR A TORTA DE CHOCOLATE!


CREO QUE IMOS REPETIR...


PARABÉNS,SARA E BRAIS!

jueves, 22 de enero de 2026

PARTES DO CORPO

 


Hoxe toca localizar as diferentes partes do corpo e aprender os seus nomes,utilizando uns bonecos que farán de modelos. Haberá que colocar unha pegatina na parte que se indique.

CAMIÑAMOS AO RITMO DO PANDEIRO

O NOCELLO










A ORELLA

O PEITO



O XEONLLO

O PESCOZO


BONECO NOS GLÚTEOS

BONECO NO XEONLLO

BONECO NAS COSTAS

BONECO NA NOSA CABEZA



miércoles, 21 de enero de 2026

O NOSO CORPO

 


Xaneiro é un mes frío,con días curtos que disfrutamos na casa,xogando,pintando,lendo ou preparando ricas comidas. Cando saímos,debemos ir moi ben abrigados para evitar arrefriados,xa que o frío crea o ambiente perfecto para que os virus se propaguen e fainos máis vulnerables ante as enfermidades.

Para coidar o noso corpo,debemos coñecelo;así que o segundo trimestre imos adentrarnos no corpo humano,que permite que nos movamos e que vivamos todo tipo de experiencias.

Que tal si comezamos buscando e identificando as distintas partes da nosa cara para completar un puzzle?

QUEN SERÁ?

ESE OLLO...










XA CASI O TEMOS...

XA QUEDA MENOS!

CONSEGUIDO!












REMATADO!

LISTO!














A seguinte proba consiste en compoñer unha cara ,colocando correctamente as súas partes,mentres levamos os ollos tapados.


























































lunes, 12 de enero de 2026

SEGUNDO TRIMESTRE

 

"En xaneiro,bufanda,abrigo e sombreiro"

Xa estamos de volta das vacacións para iniciar o segundo trimestre e o novo ano 2026.

O primeiro paso é descubrir os agasaios que deixou o Apalpador na nosa clase.

QUE SERÁ,SERÁ...?




UN PUZZLE DE DINOSAUROS,UNHA DIANA
CON DOUS LANZADINOSAUROS,UN XOGO
DE MEMO XARDÍN DE XOANIÑAS ,UNHA CAIXA DE 
CONSTRUCCIÓN CON TALADRO ELÉCTRICO
E UNHA BARALLA DE MÍMICA.



PUZZLE COMPLETADO

POÑEMOS A PROBA A NOSA MEMORIA

PRIMEIROS DINOSAUROS MONTADOS


MOITAS GRAZAS,APALPADOR!