jueves, 25 de mayo de 2017

XOGAMOS A....."A GALIÑA AZUL" .AS LETRAS GALEGAS

Despois de escoitar o conto de Carlos Casares "A galiña azul",pensamos que sería divertido inventar un xogo, onde un rapaz fose a galiña vermella e o resto da clase convertiríase en galiñas azuis.
Para distinguirnos, puxemos unha pegatina no nariz  e ao son do pandeiro, íamos camiñando pola aula,ata escoitar un forte golpe, que indicaba que o alcalde Manolito viña a buscar á galiña vermella.
Nós, como boas compañeiras, facíamos un corro, onde a pobre galiña, morta de medo, quedaba agachada.





No hay comentarios:

Publicar un comentario