domingo, 20 de febrero de 2022

ARRIBA O TELÓN! RAPUNZEL CON PIOLLOS

  


Nunha torre moi alta, un pai e a  súa filla falaban "de pelos".Pero non era unha rapaza calquera, era a princesa Rapunzel, quen está moi farta de levar o pelo tan longo.

O seu pai , o rei, insiste en que todas as princesas deben levalo así para poder fuxir en caso de secuestro, cousa que  a Rapunzel parécelle unha tontería.





PAPI, ESTOU CANSA DESTE PELO!






De súpeto, salta unha alarma e os soldados confirman unha ameaza real:
AO CASTELO CHEGARON PIOLLOS!
O rei, moi asustado,revisa a cabeza da súa filla e....

SOCORROOOOOO

Rapunzel  ten unha auténtica Vila Piollo na súa cabeza!
Desesperado, pon un anuncio ofrecendo unha recompensa a quen consiga acabar con eles
.
A primeira en acudir foi Brancaneves, quen dixo que lle lavaría moi ben a cabeza
e os piollos desaparecerían.


Pero non foi así e o rei, moi enfadado, botouna do palacio.
Despois, apareceu a bruxa coa mazá envenenada
pretendendo que a princesa mordera a froita ,envenenando así aos piollos.




O rei pensou que aquelo era unha tolería e obligouna a abandonar o palacio.


Ata a Muller Maravilla pensou que sería boa idea matar a puñetazos aos piollos
pero o rei ,moi disgustado por esta idea, díxolle que se fora.

O increíble Hulk opinaba que era tan fácil, que seguro que él ganaría a recompensa.
Usaría o Super Salto, aplastando a todos os piollos. O rei pensou que a cabeciña da súa filla quedaría espachurrada, así que tampouco resultou.
Por último,pasou un descoñecido que ofreceu os seus servicios ao rei, prometéndolle que libraría á princesa Rapunzel de todos os piollos, sen causarlle ningún dano.
Soamente, tocando a flauta: e así foi.
Ao escoitar tan agradable son, os piollos foron saltando da cabeza de Rapunzel e seguiron ao flautista ,fora do palacio.

Unha vez liberada, Rapunzel  foi ao seu cuarto, colleu unhas tesoiras e...
fixo aquilo que tanto desexaba:
CORTAR O PELO!





Cando o flautista voltou a falar co rei, díxolle que non quería a recompensa,
senón que deseaba un traballo para poder vivir e non seguir mendigando.
O rei, moi agradecido, otorgóulle o título de Músico Real.



E COLORÍN, COLORETE, POLA CHEMINEA ESCAPOU UN FOGUETE!











No hay comentarios:

Publicar un comentario