jueves, 13 de octubre de 2022

DINOSAUROS: ADOPTAR UN DINOSAURIO

A vida na Terra comezou a existir hai 3800 millóns de anos. As primeiras bacterias con clorofila xeraron osíxeno atmosférico,que facilitou a aparición do resto das especies: primeiros vertebrados, os animais invaden a Terra, reinan os antepasados dos dinosauros,xurden os dinosauros e máis tarde aparecen os bosques tropicais e crecen as primeiras prantas con flores.
Extínguense os dinosauros e reinan os grandes mamíferos e por último, aparece o home.
Todo o que sabemos sobre a existencia destes "lagartos terribles" é grazas ao traballo dos paleontólogos, científicos que estudan os fósiles.




OS DINOSAURIOS

Na visita á biblioteca, lemos un conto titulado "ADOPTAR UN DINOSAURIO".
Unha rapaza chamada Ale atopa un ovo xigante no parque e o lévano a casa....


Debuxamos a KIMO,nome que lle puxo Ale a súa mascota dinosauro.

             Picamos pegadas de dinosauros e pegamos papel celofán.





Coas pegadas recortadas, fixemos camiños pola aula, que recorremos coma estes animais.




 
Tamén fixemos un gorriño de dinosauro,co que posamos para a foto.
GRRRRRRRRRR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario