domingo, 22 de junio de 2025

CURSO REMATADO,SUPERHEROES!

 

Rematou o curso e os oito Superheroes collen unhas vacacións ben merecidas.

Os maiores xa cambian de cole para comezar unha nova etapa,onde coñecerán a novos amigos e profesores.Pero na aula de Lois sempre quedará o seu recordo: nos xogos,nas cancións,no teatro,nos contos...

Suri,Sofía,Omar e Roi,todos os nosos desexos de felicidade no novo camiño que ides iniciar no mes de setembro. Prestade atención,escoitade os consellos,non perdades a curiosidade por aprender cada día cousas novas que serán proveitosas para formarnos e ser cada día un pouquiño mellores.

Xurxo,Brais,Nerea e Lois,voltaremos a nosa aula para seguir divertíndonos ,aprendendo,xogando,medrando e desfrutando cada día que compartimos xuntos.

Pero o tempo de lecer xa chegou e imos exprimilo ata a derradeira gota,porque somos SUPERHEROES e o curso xa está rematado.














            FELICES VACACIÓNS,SUPERHEROES!

No hay comentarios:

Publicar un comentario