A rúa Maior da miña vila non é a máis grande,pero ten unha árbore enorme.
Un día,o gato da señora Paca subiu ao máis alto porque perseguíao o can do señor Roque.
.jpeg) |
AGARDAREI ATA QUE O CAN MARCHE!
|
 |
E EU NON MARCHO ATA QUE O GATO BAIXE!
|
O can cansou de esperar porque o gato non baixaba e decidiu marchar.Pero cando o gato ía dar o primeiro paso para baixar,tivo moito medo..jpeg) |
MI MADRIÑA,QUE ALTO ESTÁ! EU NON ME MOVO DE AQUÍ. MIAÑAREI MOI FORTE PARA QUE ME ESCOITEN!
|
Ata que por alí pasou a filla da señora Paca,que,sen pensalo dúas veces,subiu á árbore. |
POBRE GATIÑO! XA VOU! |
AI,SE SALTO DESDE AQUI,VOUME MATAR!
MELLOR EMPEZO A CHORAR E QUE ME
VEÑAN RESCATAR..
E anena comezou a chorar e o gato a miañar.ata que por alí pasou o marido da señora Paca,
que escoitou os miaus do seu gato e os choros da súa filla.Sen pensalo dúas veces,subiu pola árbore.
.jpeg) |
AGORA SUBO A SALVARTE,MIÑA FILLA!
|
 |
QUE MAREO! VOU TER QUE PEDIR SOCORRO PARA LIBRARME DESTE ESTORBO!
|
E o pai berrou e berrou,a nena chorou e chorou e o gato miañou e miañou,ata que por alí pasou a señora Paca,que oiu a toda a súa familia e comprendeu que estaban en apuros.
.jpeg) |
PERO QUE FACEDES TODOS NA ÁRBORE? CHAMAREI AOS BOMBEIROS E VOLTAREDES A CASA ENTEIROS!
|
E berrou: bombeiros,bombeiros!,e o pai:socorro,socorro!,e a nena: buaa,buaa! e o gato:miau,miau!,ata que por alí pasou o camión dos bombeiros. Colocaron unha escada na árbore e un bombeiro subiu para axudar.  |
VIMOS AXUDAR E NADA NOS VAI ASUSTAR!
|
Era certo: os bombeiros non tiñan medo,pero a escada,sí.E cando ían baixar,empezou a tremer...e acabou por romper! Os bombeiros conectaron a sirena: fiu,fiu!, a nai:bombeiros,bombeiros!,o pai:socorro,socorro!,a nena:buaa,buaa! e o gato:miau,miau!
.jpeg) |
SOCORROOOO! BUAAAAAAA! MIAUUUUUUU! |
Entón,a árbore,cansa de tanta leria,pensou que como seguira subindo xente e non baixara ninguén,ía romper e pediulle a un paxaro que avisase a nube,para ver se podía facer algo.
 |
| DAREILLE O RECADO Á NUBE! |
E a nube colocouse enriba da árbore e comezou a chover.Como aos gatos non lles gusta nada a choiva,baixou polo tronco da árbore,plantouse no chan e foise tan pancho! |
DAME MEDO BAIXAR,PERO NON ME QUERO MOLLAR!
|
O salto do gato asustou o pai,que soltouse do tronco e caeu.Menos mal que os bombeiros baixaron antes ca el e puxeron un colchón..jpeg) |
| TOCA BAIXAR! |
 |
| ALÁ VOOOOOOOOOOU! |
Á nena pareceulle divertido e deixouse caer,sen se dar de conta de que os bombeiros xa marcharan con colchón,pai e todo.Menos mal que a súa nai agardaba debaixo ,colleuna no colo e marcharon.E cando a árbore da rúa Maior se viu de novo soa,suspirou.
 |
| QUE DESCANSO! |
E COLORÍN,COLORETE,POLA CHEMINEA ESCAPOU UN FOGUETE