A rúa Maior da miña vila non é a máis grande,pero ten unha árbore enorme.
Un día,o gato da señora Paca subiu ao máis alto porque perseguíao o can do señor Roque.
O can cansou de esperar porque o gato non baixaba e decidiu marchar.Pero cando o gato ía dar o primeiro paso para baixar,tivo moito medo.
![]() |
| MI MADRIÑA,QUE ALTO ESTÁ! EU NON ME MOVO DE AQUÍ. MIAÑAREI MOI FORTE PARA QUE ME ESCOITEN! |
MELLOR EMPEZO A CHORAR E QUE ME
VEÑAN RESCATAR..
E anena comezou a chorar e o gato a miañar.ata que por alí pasou o marido da señora Paca,
que escoitou os miaus do seu gato e os choros da súa filla.Sen pensalo dúas veces,subiu pola árbore.
![]() |
AGORA SUBO A SALVARTE,MIÑA FILLA! |
| QUE MAREO! VOU TER QUE PEDIR SOCORRO PARA LIBRARME DESTE ESTORBO! |
E o pai berrou e berrou,a nena chorou e chorou e o gato miañou e miañou,ata que por alí pasou a señora Paca,que oiu a toda a súa familia e comprendeu que estaban en apuros.
![]() |
| PERO QUE FACEDES TODOS NA ÁRBORE? CHAMAREI AOS BOMBEIROS E VOLTAREDES A CASA ENTEIROS! |
![]() |
| VIMOS AXUDAR E NADA NOS VAI ASUSTAR! |
Era certo: os bombeiros non tiñan medo,pero a escada,sí.E cando ían baixar,empezou a tremer...e acabou por romper!
Os bombeiros conectaron a sirena: fiu,fiu!, a nai:bombeiros,bombeiros!,o pai:socorro,socorro!,a nena:buaa,buaa! e o gato:miau,miau!
![]() |
| SOCORROOOO! BUAAAAAAA! MIAUUUUUUU! |
Entón,a árbore,cansa de tanta leria,pensou que como seguira subindo xente e non baixara ninguén,ía romper e pediulle a un paxaro que avisase a nube,para ver se podía facer algo.
![]() |
| DAREILLE O RECADO Á NUBE! |
E a nube colocouse enriba da árbore e comezou a chover.Como aos gatos non lles gusta nada a choiva,baixou polo tronco da árbore,plantouse no chan e foise tan pancho!
![]() |
| DAME MEDO BAIXAR,PERO NON ME QUERO MOLLAR! |
![]() |
| TOCA BAIXAR! |
![]() |
| ALÁ VOOOOOOOOOOU! |
Á nena pareceulle divertido e deixouse caer,sen se dar de conta de que os bombeiros xa marcharan con colchón,pai e todo.Menos mal que a súa nai agardaba debaixo ,colleuna no colo e marcharon.
E cando a árbore da rúa Maior se viu de novo soa,suspirou.

.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario