domingo, 14 de junio de 2026

XOGOS DE ATENCIÓN,AXILIDADE MENTAL E MEMORIA VISUAL



 

Este tipo de xogos e dinámicas impactan no desenvolvemento cerebral e cognitivo dos nenos,reforzando a concentración e bloqueando os estímulos externos que poden distraelos.Tamén ensinan tolerancia e xestión emocional,aprendendo a manexar a frustración cando perden  e alegrándose polos acertos.

Comezamos co xogo "Que falta?",onde colocamos varios obxectos que os nenos deben oservar e memorizar durante uns minutos.Un neno sae da aula,mentres que outro retira un  dos obxectos.Ao entrar,debe adiviñar cal é o elemento retirado.

No xogo "Mandatos no tren",cada neno ocupará un vagón,tendo que cumplir os mandatos que diga o revisor: o neno de maior idade irá no primeiro vagón e o menor ocupará o último;

aquel que o seu nome empece pola inicial da palabra Londres sentarase no primeiro lugar;as nenas van mirando hacia atrás e din un medio de transporte; os que sexan irmáns ocupan o segundo e terceiro vagón; os nenos van de xeonllos no tren;todos os viaxeiros baixan do tren e despídense cunha aperta...


OBSERVANDO...





QUE FALTA?




QUE FALTA?
















PASAXEIROS AO TREN!
O MAIOR NO PRIMEIRO VAGÓN E O MÁIS PEQUENO
NO ÚLTIMO.OS IRMÁNS OCUPAN O SEGUNDO E TERCEIRO





             
AS NENAS DE PÉ NO VAGÓN!





OS QUE SEXAN IRMÁNS BAIXAN DO TREN!



AS NENAS SÉNTANSE MIRANDO CARA ATRÁS


OS NENOS ,DE XEONLLOS!


TODOS BAIXAN DO TREN!

E DESPÍDENSE CUNHA APERTA!


CHEGAN AS SÚAS CASAS E MÉTENSE CON DOUS 
BONECOS CADA UN.






COLOCAN UN BONECO DIANTE E OUTRO ATRÁS



UN BONECO DENTRO E OUTRO FÓRA


SUBEN DE NOVO AO TREN CUN BONECO






BONECO SOBRE OS OMBREIROS










SOBRE OS NOSOS XEONLLOS

SENTADO A NOSA DEREITA






SEÑORES PASAXEIROS,ESPERO QUE A VIAXE
FORA DO SEU AGRADO.
GRAZAS!



2 comentarios:

  1. Quería aproveitar para facer un chamamento a eses pais que miran o blog, PERO que non poñen nengún comentario, que a todos nos gosta que cando facemos algo ben, nos dean unha palmadiña na espalda ou nos fagan un comentario. E hay que recoñecer que este ano ( e os anteriores tamén) con estes nenos fíxose un traballo de 10, inculcandolles cultura, motivación, gañas de aprender e un longo etc. O meu recoñecemento a eses educadores e en particular a profe dos nenos de Leiro que ademàis sobe as fotos no seu tempo libre.!!!

    ResponderEliminar
  2. Correción: Ainda que a Profe de Leiro seguramente merece tamén o recoñecemento, no meu comantario anterior quixen dicir LOIS. !!!!

    ResponderEliminar