domingo, 1 de noviembre de 2026

MANUAL DE CASAS ENCANTADAS

 


O libro de Mónica Carretero,"Manual de casas encantadas",foi o punto de partida para introducir as pantasmas no Samaín,xa que unha casa encantada é a que está habitada por estes personaxes que  baixo unha saba flotan e din BU!

Soen ser divertidos e aparecen nos contos,nas películas e nas festas de Samaín.

Para atopar unha casa na que vivir,unha familia de pantasmas acude a unha inmobiliaria chamada INMOBILIARIA ENCANTADORA,onde poden visitar diferentes castelos e mansións de ensoño: Mansión Colorada,Villa Tarambana,Castelo de Canterfús,A Casiña do Faro...

Mentres as pantasmas decidían onde ían quedar,os nenos de Lois escollemos a nosa casa encantada favorita ,a decoramos e formamos un libro con todas elas.

COMEZAMOS A DECORAR

CASA PANTASMITA







DECORACIÓN
















CASA CABAZA


MOITAS CORES



                      

MANUAL DA INMOBILIARIA



CASTELO ENCANTADO (DONA: PANTASMA NEREA)

CASTELO CANTERFLÚS (DONO :PANTASMA LOIS)





               

VILA CABAZA(DONA: PANTASMA ANTÍA)

VILA TARAMBANA (DONA:PANTASMA SARA)



VILA PANTASMITA(DONO: PANTASMA IAGO)




Tamén creamos unhas mini casas para pasar a tempada de verán.

















FELIZ SAMAÍN A TODOS!




















No hay comentarios:

Publicar un comentario