martes, 16 de junio de 2026

XORNADA COA ASOCIACIÓN GOTAS E FESTA DA AUGA

 

Unha xornada pasada por auga que ,ademais de divertida,calmou o calor que facía.Viñamos dispostos a mollarnos e así fixémolo,pero antes tiñamos outras actividades para facer en gran grupo.Comezamos con pezas de construcción, xogo simbólico,KAPLA,IMANIX...


PREPARADOS PARA A DIVERSIÓN!




A CONSTRUIR!



UNHA TORRE BEN ALTA!



Susi e Andrés,da Asociación Gotas,chegaron para contarnos un bonito conto titulado"Familia significa Familia" e para invitarnos á festa RUADA DAS GOTAS,o 20 e 21 de xuño,en Ribadumia



UN CONTO CON DIVERSIDADE DE FAMILIAS





QUE TAL SE DEBUXAMOS A NOSA?






CARTEL DE RUADA DAS GOTAS

SUSI MOI BEN ACOMPAÑADA




HORA DA MERENDA




ANTES DO COMEZO DA FESTA DA AUGA,
RECIBIMOS A VISITA DO AVÓ DE NICO,
QUE VEU NUNHA EXCAVADORA!











MENUDA POSE!





QUE ALTOS ESTAMOS!






PREPARADOS,LISTOS.....COMEZA A FESTA!






A MOLLARSE!

ENCHENDO AS PISTOLAS

APUNTANDO BEN LONXE!

"PESCA DEPORTIVA"

TAMÉN VALEN AS XERRAS!

GLOBOS DE AUGA
CHORRO VAAAAAAAI!







QUE BEN O PASAMOS
NESTA FESTA PASADA
POR AUGA!















domingo, 14 de junio de 2026

XOGOS DE ATENCIÓN,AXILIDADE MENTAL E MEMORIA VISUAL



 

Este tipo de xogos e dinámicas impactan no desenvolvemento cerebral e cognitivo dos nenos,reforzando a concentración e bloqueando os estímulos externos que poden distraelos.Tamén ensinan tolerancia e xestión emocional,aprendendo a manexar a frustración cando perden  e alegrándose polos acertos.

Comezamos co xogo "Que falta?",onde colocamos varios obxectos que os nenos deben oservar e memorizar durante uns minutos.Un neno sae da aula,mentres que outro retira un  dos obxectos.Ao entrar,debe adiviñar cal é o elemento retirado.

No xogo "Mandatos no tren",cada neno ocupará un vagón,tendo que cumplir os mandatos que diga o revisor: o neno de maior idade irá no primeiro vagón e o menor ocupará o último;

aquel que o seu nome empece pola inicial da palabra Londres sentarase no primeiro lugar;as nenas van mirando hacia atrás e din un medio de transporte; os que sexan irmáns ocupan o segundo e terceiro vagón; os nenos van de xeonllos no tren;todos os viaxeiros baixan do tren e despídense cunha aperta...


OBSERVANDO...





QUE FALTA?




QUE FALTA?
















PASAXEIROS AO TREN!
O MAIOR NO PRIMEIRO VAGÓN E O MÁIS PEQUENO
NO ÚLTIMO.OS IRMÁNS OCUPAN O SEGUNDO E TERCEIRO





             
AS NENAS DE PÉ NO VAGÓN!





OS QUE SEXAN IRMÁNS BAIXAN DO TREN!



AS NENAS SÉNTANSE MIRANDO CARA ATRÁS


OS NENOS ,DE XEONLLOS!


TODOS BAIXAN DO TREN!

E DESPÍDENSE CUNHA APERTA!


CHEGAN AS SÚAS CASAS E MÉTENSE CON DOUS 
BONECOS CADA UN.






COLOCAN UN BONECO DIANTE E OUTRO ATRÁS



UN BONECO DENTRO E OUTRO FÓRA


SUBEN DE NOVO AO TREN CUN BONECO






BONECO SOBRE OS OMBREIROS










SOBRE OS NOSOS XEONLLOS

SENTADO A NOSA DEREITA






SEÑORES PASAXEIROS,ESPERO QUE A VIAXE
FORA DO SEU AGRADO.
GRAZAS!



DE MARISQUEO

 

O marisqueo é unha modalidade de pesca dirixida á captura de animais invertebrados mariños para o seu consumo. Hai dous tipos: a pé e a flote(dende a embarcación).

Achegámonos a Cambados,onde a través da asociación GUIMATUR,formada por mulleres que traballan no sector marítimo- pesqueiro deste pobo,poidemos pasar unha mañá na praia,aprendendo aspectos sobre o traballo de mariscar.Non consiste só en extraer o molusco;tamén inclúe tarefas como o semicultivo da semente,vixilancia,limpeza...

E preparados con botas,pás ,cubos e restrelos baixamos á praia para mariscar.


PREPARADOS PARA SUBIR AO AUTOBÚS






MOI ATENTOS ÁS EXPLICACIÓNS





A MARISCAR!






DESPOIS DE MERENDAR,O PARQUE
ESPERABA POR NÓS.




ALÁ VOU!

QUE DIVERTIDO!









ESPERANDO TURNO!




MOITAS GRAZAS,GUIMATUR!





miércoles, 27 de mayo de 2026

TWISTEAMOS?

 

"Se unhas risas queres botar,ao Twister has de xogar e a lateralidade afianzarás".

E como sempre buscamos aprender divertíndonos moito,que mellor que darlle á ruleta e intentar non caer,mentres estiramos o noso corpo colocando as extremidades onde indique a flecha.


COMEZA O XOGO!






VAIA CRUCE DE PERNAS!






XA ESTAMOS TODOS EN ACCIÓN!





MENUDO LÍO DE CORPOS!










COIDO QUE OS CONCEPTOS DE DEREITA/ESQUERDA QUEDARON BEN APRENDIDOS.

BRAVO,CHICOS!