Xa chega o Nadal, polo que é necesario poñerse mans á obra e decorar a nosa aula e participar na elaboración do abeto que adornará a biblioteca. Así que ...bola adornada, bola colocada, ata que a árbore estea chea e luza ben bonita nestas festas.
 |
Espumillón, bolas e estrelas colgan do noso abeto para recibir o Nadal. |
 |
Na clase de Manualidades tamén fixemos unha bonita bola de neve, coa nosa foto dentro. Quedou preciosa! |
E como non podíamos esquecer a Papá Noel, convertémonos nuns simpáticos elfos, para axudarlle no reparto de agasallos.
 |
Estes elfos desexan a todos felices festas! |
 |
A princesa Gira |
Na clase de teatro, estamos a ensaiar a obra que imos representar no festival de Nadal, no Auditorio.
Estamos moi nerviosos, pero esperamos non equivocarnos, nin esquecernos do papel.
 |
A raíña |
Aquí, probando os traxes e a posta en escea...
 |
A familia real |
 |
O cabaleiro danés |
 |
O emperador do Xapón |
 |
O duque de Sicilia |