O 3 de Decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, proclamado pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas, co fin de fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidade.
Na nosa aula, quixemos experimentar as mesmas sensacións que teñen persoas con discapacidade visual, auditiva ou de movilidade e poidemos comprobar que a discapacidade limita ao ser humano, abríndolle un novo universo de posibilidades.
Cos ollos tapados e coa axuda dun bastón,fixemos un circuito, intentando esquivar os obstáculos. |
Cos ollos tapados e dirixidos por un compañeiro -lazarillo,demos unhas voltas pola aula. |
Coa axuda dun só brazo,tiñamos que evitar que o globo caíse ao chan... |
Intentamos camiñar cunha das nosas pernas unida ao do compañeiro, mediante unha corda... |
Utilizando só a linguaxe xestual,comunicámonos cos nosos compañeiros, describindo unha acción, que deberían adiviñar. |
Despois desta divertida clase, atopamos unhas cantas frases sobre a discapacidade dirixidas a estas persoas que buscan facer frente a calquera problema de exclusión social.
-"O medo é a máis grande discapacidade de todos"
-"Non existen persoas discapacitadas, só persoas con distintos graos de aptitude"
-"Coñéceme polas miñas habilidades, non polas miñas discapacidades".
-"O xenio compónse do 2% de talento e o outro 98% de perseverancia.".
No hay comentarios:
Publicar un comentario