viernes, 10 de marzo de 2023

8 DE MARZO,DÍA DA MULLER


 Neste curso,queriamos adicar o Día da Muller a todas as nais,figuras indispensables na nosa vida.

Por iso,pensamos que sería bonito que acudiran ás aulas para contarnos anécdotas da súa vida, contarnos un conto,cantar unha canción,ensinarnos a bailar.... e poder compartir con todos nós un anaquiño do seu valioso tempo.

Para rematar,deberían pasar unha proba: o Rosco de Pasapalabra.

Pola colaboración prestada para a celebración desta data,faráselle entrega dun diploma de agradecemento.

A primeira en visitarnos foi Marisa, a avoa de Farah,quen recordou intres da súa infancia en Francia,país ao que lle gustaría moito voltar.

MOI ATENTOS ÁS PALABRAS DE MARISA

PREPARADA?

APERTA GRUPAL
GRAZAS,AVOA DE FARAH




Josefa, a tía de Romeo, deleitounos coa súa voz,xa que é cantante lírica e profesora de canto. Aprendemos dúas cancións e poidemos escoitar pequenos fragmentos ,como "O mio babbino caro",da ópera Gianni Schicci,de Puccini.



FACENDO ASÚA PRESENTACIÓN.

EXPLICANDO A UTILIDADE DO DIAPASÓN








A mamá de Romeo,que tan amablememte convidou a Josefa para que poidesemos disfrutar  da súa maravillosa voz, participou no rosco,superando a proba.



MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!

E si con Josefa aprendemos a cantar,con Beatriz, a nai de Amalia,aprendemos a bailar ,e nada menos que bachata!
"Cuando las niñas vuelan alto" foi o título escollido por Bea para contarnos na aula.
A continuación,superou a proba do rosco e para finalizar a mañá,tocaba mover o corpo a ritmo de bachata.
E así o fixemos.


FACENDO A SÚA PRESENTACIÓN



DISFRUTANDO DO CONTO

PREPARADA?

PROBA SUPERADA!













                                                            MOITAS GRAZAS,BEA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario