viernes, 17 de marzo de 2023

XOGOS COOPERATIVOS


 Se buscamos divertirnos de verdade, nada mellor que un xogo cooperativo,onde prima a diversión sobre a competición.

Estes xogos fomentan a axuda,a empatía, a organización,a toma de decisións e evitan as frustracións da derrota.

Tomando como base a palabra PREHISTORIA,tema do noso proxecto,comezamos  a xogar.

Convertidos en clans de trogloditas,a nosa misión era formar a palabra PREHISTORIA coas letras de madeira,nun tempo determinado.





AXIÑA, QUE O TEMPO ACABA!

Unha vez superada,hai que vestir correctamente aos bebés na cova,antes de que se esgote o tempo.







                                                  
CASE O TEMOS!

Non podemos esquecer a pintura rupestre; eu pinto a túa man e ti pintas a miña...
Importante: só había que pintar a man, non o pelo,nin a orella,nin o nariz!
Unha vez pintada, plasmamos no papel continuo,lavamos as mans e limpamos as mesas,todo isto, coma sempre,nun tempo determinado.
ESTIRA BEN OS DEDOS!



AI,QUE CÓXEGAS!

QUIETO,ROI,QUE NON CHEGAMOS!


XA CASE ESTÁ!



PROBA SUPERADA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario