domingo, 14 de enero de 2024

BENITO SOTO ABOAL

 

A principios do século XIX non era un pirata inglés quen sembraba o pánico nos barcos que surcaban o océano Atlántico; facíano un pontevedrés chamado Benito Soto Aboal,quen decidiu buscar fortuna en augas caribeñas. A bordo do bergantín brasileño "O Defensor de Pedro" encabeza un motín e faise có barco.Así comeza a lenda do noso pirata galego.


A nosa tripulación ten a misión de conseguir as seis letras que forman o nome do pirata galego:BENITO.

A primeira proba consiste en atopar as letras da palabra PIRATA,que están agochadas en diferentes partes da aula.










PROBA CONSEGUIDA!

Deseguido debemos atopar a solución a estas adiviñas e atopar os obxectos que conforman a resposta:

  1. Lévanno tapando un ollo e é de cor negro. (PARCHE)
  2. Indica a dirección.(BRÚXULA)
  3. Perdín a man nunha batalla e teño que usar un.(GARFIO)
  4. Téñoa para escavar na busca do tesouro.(PÁ)
  5. Obxecto para loitar contra os meus inimigos.(ESPADA)
  6. Nel está metido o tesouro. (COFRE)
  7. Poño na cabeza e non é un sombreiro.(BANDANA)
  8. Son a "JOLLY ROGER".(BANDEIRA)
COFRE


BRÚXULA
                                                  PARCHE


GARFIO



BANDANA
                                                                              ESPADA
"JOLLY ROGER"

Coa seguinte proba,puxemos a proba a nosa pericia para resolver puzzles pirata.







PROBA SUPERADA!


                                                        CONSEGUIDO!

Un método usado polos piratas era o de facer camiñar polo tablón aos seus inimigos
E quixemos probalo para así conseguir a seguinte letra do nome do pirata galego.
Saímos victoriosos,aínda que pasamos algo de medo,pois unha araña xigante sobrevoaba as nosas cabezas,intentando picarnos.
POUQUIÑO A POUCO!

QUE ARAÑA XIGANTE!

CASI CAIGO!

ESPERO NON CAER!

                                                         QUE SUSTO!                                                      
XA CHEGO!

QUE MEDO!
BRAVOOOOO!


Aprender o Xuramento Pirata era a quinta proba.


Xa só nos quedaba un reto e era o Pasapalabra Pirata,có que conseguimos a última letra.







                                        BRAVO,TRIPULACIÓN!

No hay comentarios:

Publicar un comentario