miércoles, 31 de enero de 2024

DÍA DA PAZ

  O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz,porque nesta data no ano 1948,foi asasinado Mahatma Gandhi,líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza.

Este ano,tomamos a obra "Construir", da muralista galega Lidia Cao,onde pódese ver a axuda mutua que se prestan dúas mulleres para construir e manter en pé unha estructura de pedras; conseguir o equilibrio supón moito esforzo para que a estructura se conserve e siga a medrar. Po iso,estas pedras representan as dificultades que as mulleres afrontaron ao longo da nosa historia e como conseguiron o seu propio espazo,grazas ao apoio mutuo.

Na clase,quixemos facer a nosa propia construcción con diferentes pezas de porexpán,decorándoas con témpera de variados cores e letras de goma eva,formando palabras como AMOR,CALMA,RESPETO,TRANQUILIDADE,PAZ e os nomes de todos nós.



"CONSTRUÍR"




PINTURA CON RODILLO

DÁNDOLLE COR





XA CASE REMATAMOS!


A NOSA OBRA



Tamén quixemos adicar unhas bonitas palabras aos nosos compañeiros,para expresarlles todo o noso cariño e respeto.

AMIGOS PARA SEMPRE



                                                                                                                   QUÉROTE MOITO!

OS MELLORES COLEGAS!


UNHA APERTA!

CHOCA ESES CINCO!



CÁNTO NOS QUEREMOS!



A MIÑA GRAN AMIGA!




 E para rematar o día,nada mellor que despedirnos cunha pombiña  e os nosos mellores desexos de PAZ para todos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario