sábado, 17 de febrero de 2024

AARIBA O TELÓN! : "PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO"


Esta é a historia  de Pequeno Azul,que vive na casa con Mamá Azul e Papá Azul.


Pequeno Azul ten moitos amigos,pero o seu preferido é o Pequeno Amarelo,que vive na casa de enfrente.


Xogan ás agachadas e á roda e non paran de correr e brincar.

Un día,Mamá Azul díxolle ao seu fillo que tiña que ir ao mercado e que esperase na casa.


"FILLO,ESPERA ATA QUE EU VOLTE"

.


Pero Pequeno Azul foi buscar a Pequeno Amarelo á casa de enfrente,mais alí non había ninguén.

                         




"PEQUENO AMARELOOOO,ONDE ESTÁS?"







E,de súpeto,á volta dunha esquina...
apareceu Pequeno Amarelo!

Abrazáronse moi forte....tan forte que se volveron verdes.





POR FIN,ESTAMOS XUNTOS!















Foron xogar ao parque e atoparon a Pequeno Marrón.


                                                  


                                              E cando estiveron cansos,voltaron a casa.
                                Pero Mamá Azul e Papá Azul dixeron que que no era o seu fillo.


"TI NON ES O NOSO PEQUENO AZUL,TI ES VERDE"



              


E Mamá Amarelo e Papá Amarelo dixeron o mesmo.
"TI NON ES O NOSO PEQUENO AMARELO,TI ES VERDE"





Pequeno Azul e Pequeno Amarelo estaban moi tristes e botáronse a chorar. Choraron e choraron ata desfacerse en grandes bágoas azuis e amarelas.





Cando por fin se recuperaron volveron a ser como antes.
Mamá Azul e Papá Azul alegráronse moito ao ver o seu Pequeno Azul.Déronlle bicos e apertas e tamén abrazaron a Pequeno Amarelo...e no abrazo,tamén eles se volveron verdes.
Entón entenderon o que pasara e foron correndo a casa de enfrente para darlles a boa noticia.



"QUE ALEGRÍA,TI SÍ ERES O NOSO PEQUENO"




Abrazáronse todos moi contentos e os nenos xogaron ata a noitiña.





                       E COLORÍN,COLORETE,POLA CHEMINEA ESCAPOU UN FOGUETE.


No hay comentarios:

Publicar un comentario