Como cada 8 de marzo,celebramos o Día da Muller,para rendir homenaxe a todas as mulleres que loitan cada día para reivindicar os seus dereitos.
Na clase poidemos comprobar,a través de xogos,que non existen traballos específicos para homes e para mulleres; atopamos unha igualdade en número nas profesións que amosaban as tarxetas,independentemente do xénero da persoa.
![]() |
Nun gran mural,recollemos diversas profesións do A ao Z, coas mulleres como protagonistas e escribimos diferentes nomes de muller elexidos polos nenos,nos que aparecían as súas nais,avoas,tías profesoras,irmás...
Rematamos cun puzzle de oficios,onde a diferenza de xénero non supón ningun obstáculo.
![]() |
![]() |
FELIZ DÍA DA MULLER
No hay comentarios:
Publicar un comentario