viernes, 22 de marzo de 2024

IMOS DE VACACIÓNS!

 

O segundo trimestre remata e que mellor que facelo,na compaña de todos os nosos compañeiros,para poder desfrutar dunha mañá chea de sorpresas.

A actividade de Plástica foi o arranque da sesión: decorar un vasiño ,onde colocaríamos o ovo de chocolate que deberíamos atopar no parque.





NA BUSCA DOS OVOS DE CHOCOLATE




Da man do grupo Polo Correo do Vento,poidemos coñecer a vida da oceanógrafa ferrolana Ángeles Alvariño,que foi a primeira muller científica nun buque oceanográfico británico,descubrindo 22 especies de animais mariños.
Mentres escoitabamos a súa historia,a ilustradora foi debuxando  a esta gran bióloga.
Quedamos abraiados!
!









                                           Ademais,ensinounos a debuxar un rostro,de xeito sinxelo.

                                                                 

BEN ATENTOS Á EXPLICACIÓN







RESULTADO FINAL




Aproveitando o bo tempo,merendamos no patio e xogamos cós compañeiros








A visita de Maruxa,a nosa amiga hixienista dental,foi o remate deste venres,comezo das vacacións.  

  


FELIZ SEMANA SANTA!





No hay comentarios:

Publicar un comentario