domingo, 7 de abril de 2024

ARRIBA O TELÓN! : AS POUSADEIRAS DO REI

 

Aquela mañá,o rei vestiu o seu traxe de rei e puxo a coroa na cabeza.

 
Como todas as mañás,almorzaba no gran comedor,Achegouse á mesa e cando foi sentar no trono... cravou un alfinete no cu!



AI,AI,AI...!
QUÍTAMO,QUÍTAMO!.berroulle ao criado.



EU SON UN CRIADO,NON PODO
TOCAR AS POUSADEIRAS DO REI!
IREI BUSCAR AO CONDE.




O conde,nada máis oír ao criado,saiu pitando.Os dous atravesaron a cociña,montando un rebumbio do demo.
QUE PASA,MAXESTADE?
PERO EU SON SÓ UN CONDE E NON PODO TOCAR AS POUSADEIRAS DO REI.



E decidiron chamar ao marqués,que nada máis oír ao conde,saíu pitando.




MAXESTADE,EU SON SÓ UN MARQUÉS E NON PODO TOCAR 
AS POUSADEIRAS DO REI.



E decidiron chamar ao duque,que nada máis oír ao marqués,saíu pitando.
Os catro atravesaron todo o palacio,ata chegar ao comedor.



DUQUE,NECESITAMOS A SÚA AXUDA!

                                                      PERO EU SON SÓ UN DUQUE 
                                                   E NON PODO TOCAR AS POUSADEIRAS DO REI!

   E deciciron chamar a raíña.que ao escoitar  ao duque,saíu pitando.Os cinco atravesaron o salón de baile,o cuarto de costura e a biblioteca.

                                                              IMOS CORRENDOOOOO!

PERO QUE TES,PACO?
MIRA,UNHA RAÍÑA ESTÁ PARA COUSAS MÁIS IMPORTANTES
QUE TOCARLLE O CU AO REI.
CHAMAREI A NOSA FILLA!





Todos marcharon correndo a buscar á princesa,que tampouco quixo sacarlle o alfinete ao rei.
O criado pensou un momento e dixo que sería unha boa idea arranxar o problema entre todos.
Entoón o criado agarrou ao conde,o conde ao marqués,o marqués ao duque,o duque á raíña e a raíña á princesa.
E o duque,sen querer mirar,estirou a man...e quitoulle o alfinete ao rei.


PREPARADOS?
LISTOS?


XAAAAAAAAAA!

                                                              AI,QUE ALIVIO...!



E así foi como o rei quedou aliviado e agradecido a todo o seu séquito.


              COLORÍN,COLORETE,POLA CHEMINEA                   ESCAPOU UN FOGUETE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario