martes, 23 de abril de 2024

"PINGÜIN"

 

Partimos cara a Pontevedra para poder desfrutar da obra de teatro de monicreques "PINGÜIN",da man da Compañía Empatía Teatro.

Conta as peripecias dun pequeno pingüin que vai ter un irmán. A chegada dun novo membro á familia fai que se sinta algo confundido e temeroso de perder o cariño dos seus pais.

Pero dase conta de que ocurre todo o contrario: acaba de gañar un amigo para toda a vida.

PREPARADOS PARA SUBIR Ó AUTOBÚS


OÍDOS BEN ABERTOS,QUE IMOS COMEZAR!

Unha vez rematada a obra,hai que merendar para repoñer forzas.

AO RICO BOCATA!

E agora imos xogar ao Parque da Xunqueira!


                                                     






























No hay comentarios:

Publicar un comentario